O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, califica de “escandaloso acto de censura absolutamente inaceptábel” a eliminación dunha caricatura de Castelao dun mural feito no concello de Malpica polo artista Yoseba M.P.
Segundo informou hoxe o xornal La Voz de Galicia tivo que susbstituir a figura do intelectual e político galeguista. A idea era lembrar a historia dos navíos exiliados en tempos da Guerra Civil. Escolleu o do barco “Castelao” que honra ao citado referente galeguista.
Ao parecer á persoa que ía a doar unha escultura para a contorna onde está o mural non lle gustou e segundo escribe Jorge Casanova no citado xornal:”Así que, para templar gaitas, el alcalde pidió que se renombrara el navío como Novo Malpica, para que fuera más de todos”.
Néstor Rego pide unha rectificación ao concello de Malpica, gobernado polo alcalde Walter Pardo(PSOE) e apoiado polo BNG e polo concelleiro independente Alfredo Cañizo.Non foi a de Rego a única voz crítica. O propio vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira tamén expresou a súa opinión.