5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Máis dun milleiro de persoas participaron no Festifolk de Mazaricos

A primeira edición da feira de artesanía Festifolk de Mazaricos celebrouse durante o sábado 7 de agosto no recinto feiral da Picota.O evento, organizado polo Concello, contou coa participación ao longo do día de máis dun milleiro de persoas, tanto veciñas do municipio como visitantes. 

O evento contou con aproximadamente unha trintena de postos de venda, información e exposición de todo tipo de produtos -dende artesanía, principalmente, a comida, pasando por roupa, material agrícola ou complementos-. O Festifolk pechou co concerto das Tanxugueiras, limitado por cuestións de aforo a 350 persoas que vibraron coa música.

As Tanxugueiras presentaron o seu traballo Contrapunto. Non quixeron deixar de reivindicar as súas raíces en Mazaricos e ofreceron un concerto moi interactivo e cun toque de humor que fixo as delicias do público.

Radio, obradoiros, inchables e artesanía

Durante todo o día tiveron lugar tres obradoiros: elaboración de conservas caseiras e de gominolas pola mañá, mentres que á tarde tivo lugar o obradoiro de palla trenzada a cargo da asociación Trenzarte. Para os máis pequenos, ademais, houbo un servizo de inchables con monitores toda a tarde.

Tamén durante a mañá foi emitido en directo dende a feira o programa A Vivir de Radio Nordés, coa participación do alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e de representantes das asociacións culturais, do comercio local, asociacións gandeiras, de artesanía e dos obradoiros do Festifolk. Tamén estivo presente no Festifolk a escritora e veciña de Mazaricos Carmen Rey, que asinou exemplares das súas obras.

Os postos do Festifolk continuaron abertos ata as 21h, cun gran volume de vendas para os portos participantes. Tres persoas foron agraciadas coas cestas con produtos por valor de 100 euros que se sortearon ás 20h. 

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, salientou a boa acollida do Festifolk, que se celebrou por primeira vez. A concelleira de Cultura, Sandra Alvite, valorou positivamente esta oportunidade de poñer en valor a nosa cultura tradicional.Pola súa banda, o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín, destacou o apoio ao comercio local e de proximidade que supón esta iniciativa.

Fonte-Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos