A asociación para a defensa da Costa da Morte(ADECOM) instalará un posto informativo o domingo (8 de agosto) en Cee, coincidindo co mercado local, «coa intención de informar á veciñanza da Costa da Morte da grave afectación que supón este proxecto e recoller alegacións» contra o proxecto de parque eólico Sembra.
Desde a entidade alertan deste proxecto que pretende instalar unha ducia de aeroxeradores nos concellos de Cee e Fisterra «que suporán un tremendo impacto ecolóxico, na habitabilidade e na paisaxe desta zona da Costa da Morte que a fai coñecida internacionalmente, e que non se librará, de prosperar este proxecto, de que os aeroxeradores formen parte das súas fotografías para sempre».
ADECOM xa presentou alegacións e informa que o prazo para a presentación das mesmas remata este mesmo mes de agosto.
FOTO-ADECOM