13.2 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

O pleno do concello da Laracha pide que se manteñan as tres aulas de primaria do CEIP de Caión

Os tres grupos representados na corporación municipal do concello da Laracha, uníronse nunha declaración institucional de apoio á comunidade educativa do CEIP de Caión en mostra do apoio do Concello á súa solicitude de que se manteñan as tres aulas de primaria no centro de cara ao curso escolar 2021-22. A lectura do texto correspondeulle ao alcalde José Manuel López Varela.

Desde a ANPA “Balea”  agradeceron o respaldo dos grupos políticos diante “da inxustiza a que nos someten como a moitas escolas do rural”.

Tamén lles expresou o seu apoio o deputado do BNG, Daniel Pérez, que acusou aom PP de “pechar escolas rurais e agrupar crianzas de diferentes idades e necesidades”. Neste caso a medida suporá agrupar a 19 alumnos nunha aula multinivel de tres cursos xuntos. Trasladarán o asunto ao Parlamento de Galicia.Tamén a portavoz do PSOE local informou que os socialistas plantexarán unha iniciativa parlamentaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos