5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

En Sardiñeiro manterán as protestas contra os recortes no CEIP Areouta

“Non nós rendimos” sinalou a  presidenta da ANPA “Arco da  Vella” do CEIP Areouta de Sardiñeiro-Fisterra, nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Entrevista a Tania Corujo- desde o minuto 32 deste audio

Tania Corujo recoñeceu que lle produxo un “baixón” o encontro que mantiveron na delegación de Educación da Xunta: “Foi unha reunión informativa, no que nos comentaron o que xa sabíamos”.Lamenta esta decisión que non é unha boa noticia para o pobo:”E o seguinte paso será o peche do centro. Onde está o apoio ao rural?”.

Está convencida que “Seguiremos reclamando a ver se se consigue algo” e non encontra “unha razón pedagóxica” que xustifique a redución dunha unidade:”É difícil de entender que dezaoito nenos estean ben atentidos cun só profesor de referencia”.

Critican tamén que se lles comunicara o peche o mesmo 30 de xuño “o que nos pillou descolocados”. Corujo pensa que se poderían cambiar as cousas:”Non é certo que non se podan facer excepcións e se cambien cousas”.

O BNG de Fisterra anunciou a presentación dunha moción que se tratará no pleno da corporación da vindeira semana. Tamén manteñen operativa unha campaña de recollida de sinaturas en Change.org. O tema tamén chegará ao Parlamento de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos