5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Axudan a unha muller que quedou illada nunha zona de difícil acceso xunto ao seu can en Muxía

Info- AXEGA 112 – FOTO- Protección Civil de Muxía

Unha muller e a súa mascota necesitaron a axuda dos equipos de emerxencia na mañá de hoxe despois de quedar illados nunha zona de difícil acceso na Praia de Muíños, localizada no concellode Muxía. Pese ás dificultades para acceder ao lugar, ambos os dous resultaron ilesos e non necesitaron asistencia médica.

A chamada de alerta ao 112 Galicia foi realizada pola propia implicada ao fío das 12:00 horas. Nese momento, a muller solicitaba auxilio aos xestores de emerxencia pois tiña dificultades para volver ao areal despois de emprender camiño por unha zona rochosa e verse sorprendida pola subida da auga.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Cee, dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Muxía.

Nada máis ter constancia dos feitos, os servizos de intervención confirmaron ao 112 que a zona en cuestión tratábase dun terreo acantilado e que, unicamente, se podía acceder por mar. Deste xeito, os integrantes de Protección Civil de Muxía tiveron que facer uso dunha embarcación pneumática para alcanzar con seguridade o punto no que se atopaba a persoa.Finalmente, os equipos de emerxencia puideron realizar o rescate poucos minutos despois de recibir o aviso por parte do 112 Galicia e a muller, xunto co seu can, foi conducida ao peirao a bordo da embarcación de emerxencias.

Cómpre sinalar que os xestores do CIAE tamén pasaron aviso aos equipos de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos