7.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Exposición en Baio sobre “o gran candidato da Costa da Morte ás Letras Galegas”

O Paseo fluvial de Baio acolle unha exposición ao aire libre sobre a figura de Enrique Labarta Pose, con motivo do  158 aniversario do seu nacemento. Estará operativa ata o 31 de agosto. Consta de seis paneis con fotografías e textos. 

Esta iniciativa para divulgar a obra de Labarta tamén serve para seguir reivindicando que o escritor e xornalista nado en Baio conte dun Días das Letras Galegas.“Labarta Pose é o gran candidato da Costa da Morte ás Letras Galegas” manifestou Jorge Mira, físico e representante da  “Comisión Labarta Pose”.

Artigo Un poema de Pondal na revista de Labarta Pose

Jorge Mira acompañou na inauguración da mostra, ó Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, que se sumou á petición:“Oxalá que algún día se faga xustiza e teña por fin o seu día das Letras Galegas”.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín “Dende o noso equipo de goberno municipal entendemos que a cultura debe estar ao alcance de todas e todos polo que decidimos ubicar aquí esta mostra para que toda a veciñanza teña acceso a ela”.Está previsto que o Concello de Zas realice nas vindeiras semanas máis actividades relacionadas con Enrique Labarta Pose. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos