14.2 C
Santa Comba
sábado, junio 21, 2025

Os concellos de Vimianzo e Zas piden explicacións polo estado das obras da ponte de Baio

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, veñen de solicitar unha reunión con carácter urxente co Director da Axencia Galega de Infraestructuras, Francisco Menéndez, para analizar o estado das obras da ponte de Baio e abordar o retraso na apertura dun carril para a circulación de vehículos.

Os rexedores trasladaranlle as queixas da veciñanza polo retraso na primeira fase das obras que conleva o peche total da circulación de vehículos. Muíño recorda que segundo informou no seu momento a Consellería de Infraestructuras e Mobilidade “esta era unha fase que duraría do 28 de xuño ao 18 de xullo para logo abrir un carril que permita a circulación de vehículos regulada con semáforos”. 

Pola súa banda, a rexedora vimiancesa apunta a que “non tivemos comunicación por parte da Consellería sobre a problemática, e queremos aclarar este feito para poder comunicarllo á nosa respectiva veciñanza”, alude.

Durante a xuntanza, os rexedores de Zas e Vimianzo propoñerán a posibilidade de atopar outras formulas alternativas ó peche total da ponte, dado que esta situación ten un forte impacto na economía dos dous concellos, principalmente nos comercios situados en Baio e na Piroga.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos