13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

O concello de Vimianzo rehabilita o paseo de Cereixo

O Concello de Vimianzo deu comezo hoxe ao proxecto de reparación e rehabilitación do paseo de Santiago de Cereixo, que conta coa financiación da Consellería do Mar para estratexias de desenvolvemento local e cun valor estimado do contrato de 196.247,28 euros. 

A superficie total na que se intervirá é de 1380 metros cadrados aproximadamente e con esta intervención preténdese dar solución a un dos problemas de base que presenta esta zona: as frecuentes inundacións nas épocas de choiva e crecida. A acontecida en decembro de 2018, por exemplo, provocou danos catastróficos tanto na estrutura de practicamente todos os tramos do paseo como nos pavimentos de madeira.

Trátase dun espazo natural e etnográfico singular á beira do río Carnés, na súa desembocadura na ría de Cereixo. Alberga un parque edificio, un castelo e unha fortificación que datan do século XVI, así como a capela Románica de Santiago de Cereixo. Na ría podemos atopar tamén o muíño de mareas de Cereixo, de singular arquitectura de fábrica levantado no ano 1679.

Este paseo presenta tramos diferenciados con características moi distintas, e preténdese que o impacto da actuación sexa mínimo. Por estes motivos, actuarase por tramos con diferente nivel de actuación en cada un deles. Non se variarán os límites e a contorna do paseo, mantendo como definitivas as cotas, pendentes e alturas actuais. 

Empregaranse, pois, materiais xa existentes nestes espazo, como a madeira de piñeiro para as varandas e revestimentos verticais, e o granito gris para a delimitación e os remates dos camiños. O goberno local, neste senso, decidiu incluír unha serie de modificacións nalgún tramo e de maneira adicional, contemplando así o emprego da pedra en maior medida para acadar unha superficie ríxida e compacta que contribúa a minimizar o impacto de posibles futuras inundacións. O executivo presentou algunhas modificacións a maiores desta que non foi posible incluír por permisos patrimoniais. 

Instalaranse novos modelos de luminarias para substituír ás actuais e farase o mesmo cos bancos e papeleiras. Recuperaranse os paneis informativos e realizaranse as pertinentes tarefas de limpeza previa. O proxecto inclúe, á súa vez, a inclusión dunha preinstalación da rede de saneamento que sirva ás vivendas ao pé da estrada DP-1603 consistente nun colector soterrado e un pozo para ser dotado nun futuro de bomba e tubaxe de bombeo de retorno ata a estada provincial. Prevese para evitar a rotura dos novos pavimentos executados unha vez realizada a intervención.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, salienta da importancia de dar solución a un problema “histórico” no paseo de Cereixo, unha zona “moi importante patrimonialmente” e moi castigada “polas inclemencias meteorolóxicas”, que dunha vez por todas “gozará da rehabilitación que se merece, para que a veciñanza poida desfrutar dun dos enclaves con máis personalidade do noso municipio”. 

Fonte- Concello de Vimianzo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos