A xunta directiva da Asociación Costa da Morte – GDR, presidida por Manuel Muíño Espasandín aprobou varios proxectos para ser financiados con cargo ao Programa Líder para a convocatoria 2021-22.
Aprobáronse catro proxectos non produtivos:
1.- “Suministro de material informático para Aula Informática do Edificio de Servizos Múltiples”, en San Roque (Coristanco). O orzamento admitido ascende a 13.697,15€, e o importe da axuda sitúase nos 11.615,18€.
2.- “Elaboración da numeración dixital do concello de Ponteceso”, en Ponteceso. O orzamento admitido ascende a 56.019,31€, e o importe da axuda sitúase nos 38.000,00€.
3.- “Dotación equipamento para aulas de formación e punto de acceso a internet” en Cee. O orzamento admitido ascende a 17.667,58€, e o importe da axuda sitúase nos 13.356,69€.
4.- “Intervención arqueolóxica no Camiño de Pedra do Altar en Brandomil”, en Brandomil (Zas). O orzamento admitido ascende a 7.980,16€, e o importe da axuda sitúase nos 5.234,98€.
E tamén se deu luz verde a cinco proxectos produtivos.O montante de investimento aceptado destes 5 proxectos produtivos ascende a 1.375.224,32€, a axuda concedida 441.813,04€, o emprego a consolidar 16,01 UTAs e o emprego a crear 6,5 UTAs.
1.- “Ampliación Centro Canino en Brandomil”, en Brandomil (Zas). O orzamento admitido ascende a 422.100,00€, e o importe da axuda sitúase nos 125.000,00€.
2.- “Ampliación Comercio de Maquinaria e Ferretería”, en San Roque (Coristanco). O orzamento admitido ascende a 159.670,25€, e o importe da axuda sitúase nos 55.565,25€.
3.- “Creación Pensión de 3 estrelas”, en Os Muíños (Muxía). O orzamento admitido ascende a 218.950,00€, e o importe da axuda sitúase nos 74.443,00€.
4.- “Casa de Turismo Rural en Cillobre”, (A Laracha). O orzamento admitido ascende a 370.436,25€, e o importe da axuda sitúase nos 121.503,09€.
5.-“Construción de planta de tratamento de residuos no Polígono Industrial de Cee”. O orzamento admitido ascende a 204.067,82€, e o importe da axuda sitúase nos 65.301,70€.
Quedaron seis proxectos en lista de agarda.