8.3 C
Santa Comba
martes, diciembre 5, 2023

Carballido:”Non hai que facer mala publicidade do concello”

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, participou no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas, onde dixo respectar as recentes críticas do sindicato CSIF se ben indicou que “cando foron á xustiza déronnos a razón”.

Entrevista a Lois García desde o minuto 25

“Defender os intereses dos veciños”

Quixo deixar claro que “defendemos os intereses dos veciños” e en referencia á problemática da Policía Local manifestou que “queremos adaptarnos aos novos retos” e “dar un servizo de mañá e tarde os sete días da semana”. Afirmou que a medida xa estaba en marcha provocando “unha gran satisfacción veciñal”. Destacou o papel dos voluntarios de Protección Civil “que é unha agrupación moi activa”.

Preguntado polas queixas da oposición sobre as deficiencias das praias con bandeira azul. Recoñeceu que “todo é mellorable”, aludiu ao “bloqueo do remanente” que impide contar con recursos económicos e engadiu:”Non hai que facer mala publicidade do concello nin das nosas praias. Un político ten que falar ben do seu concello”.

Recollida de enseres e Punto Limpo

Tamén criticou a actitude de “xente irresponsable” e pediu non desfacerse dos enseres e aproveitar os servizos existentes, como o de recollida ou o Punto Limpo. E lembrou que cando se fai unha obra “as empresas teñen que ocuparse da xestión dos residuos”. Aconsellou mercar no comercio local.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos