13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Juan Blanco acala rumores:”O noso proxecto aínda ten seis anos de percorrido e non podemos parar”

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, avanzou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas a súa intención de continuar á fronte da alcaldía:“Encóntrome con forzas para seguir a fronte do barco. Temos proxectos de futuro moi innovadores e creo que ten que haber unha continuidade. Estamos moi ilusionados. Juan non marcha”.

Blanco Riveiro engadiu:”Somos un grupo moi unido.O noso proxecto ten seis anos de percorrido e non podemos parar”. Un proxecto , segundo o propio rexedor, moi conectado co propio municipio:“Somos nacionalistas de Mazaricos, e queremos defender o noso por encima de todo, cun proxecto propio, de veciño a veciño”.

Escoita a entrevista a partir do minuto 62

Na entrevista falou de investimentos do concello en materia de mellora de camiños rurais, abastecemento de auga, apoio a gandería, renovación do alumeado, ou turismo.

Como exemplo, desvelou que hai varios proxectos (tres campamentos turísticos) que suporán un investimento de máis 1,5 millóns de euros.  Juan Blanco é optimista co que pode dar de sí tanto o Parque de Megalitismo como a Senda do Xallas que agarda que “sexa o Camiño dos Faros do interior”. Ten claro que houbo un cambio de rumbo neste tema:“Sen ter mar convertímonos nun concello referente no turismo da Costa da Morte”.

Nunha entrevista longa falou de distintas cuestións da actualidade do concello relacionada coa problemática eólica, co reforzo do gasto en Servizos Sociais, etc…”Non temos moito cartos pero hai xestión” sinalou o mandatario mazaricán.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos