8.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

COGAMI asume desde este luns a xestión do Punto Limpo do concello da Laracha

Nun acto desenvolvido nas propias instalacións do punto limpo da Laracha, fai uns días  formalizouse a entrega das instalacións e dos seus equipamentos complementarios por parte da anterior concesionaria –Aspaber- á empresa que se encargará da xestión a partir deste luns –Cogami-.

O alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu o labor desenvolvido por Aspaber desde 2013, apuntando que nestes oito anos “demos un impulso ao punto limpo e incorporamos novos servizos como a recollida domiciliaria de voluminosos”.A continuación, o rexedor deu a benvida aos representantes de Cogami, a nova xestora, lembrando que, ademais dos mesmos servizos que se viñan prestando con anterioridade, tamén se encargará da recollida de aceites domésticos, incluída por primeira vez no contrato e para o que será precisa a instalación de contedores nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión, así como na urbanización Monte Claro de Cabovilaño.

López Varela tamén recordou que o Concello volveu apostar por dirixir a licitación destes servizos exclusivamente a centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral de persoas con diversidade funcional. 

Mesmos horarios e novo teléfono para a recollida de voluminosos

Con motivo da posta a punto das instalacións, nesta semana o punto limpo permanece pechado ao público. A partir do luns (19 de xullo) reabrirá xa baixo a xestión de Cogami no mesmo horario co que viña funcionando nos últimos anos:

Luns de 15:00 a 20:00 h.

Mércores e venres de 16:00 a 20:00 h.

Sábados de 9:00 a 14:00 h. 

A recollida de voluminosos tamén volverá estar operativa desde o luns. O novo teléfono gratuíto para solicitar o servizo é o 900 701 120.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos