Ó concelleiro non adscrito, Faustino Santiago, non lle sorprenden as denuncias do CSIF en Ponteceso:”Sabemos como trata Carballido ós traballadores cando ninguén lle fai frente. Quere controlar todo”.
Entrevista a Faustino Santiago. Desde o minuto 63
O ex membro do goberno de Lois Carballido ten claro que o mandatario “ten un complexo” e “unha obsesión con que lle lamban os pés”. Ten claro que “como non se sometan, él sacrifica”.
Santiago volveu a sinalar a dirección socialista liderada por Valentín González Formoso:”Está poñendo en evidencia a toda a executiva do PSOE provincial, que lle consinte todo”.
Pensa que con este trato cara os traballadores estánse ignorando os valores socialistas:”Os traballadores teñen unha responsabilidade pero tamén uns dereitos”.
En xogo o prestixio de Protección Civil
O concelleiro aproveitou para advertir da necesidade de que a administración autonómica “tome cartas no asunto” ante a situación de Protección Civil:”Protección Civil é algo moi grande. Pero vai quedar á altura do betún. A xente vai pensar que isto non é serio. Está en perigo o prestixio de Protección Civil”.
Tamén lembrou que o pleno acordara destinar as partidas dos cargos políticos para un plan de emprego:Onde están eses cartos?.