9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Os non adscritos de Ponteceso pensan que Carballido pretende castigar ós axentes da Policía Local

A denuncia feita pública polo CSIF foi valorada polos edís non adscritos do concello de Ponteceso que consideran que “o sr. alcalde segue tratando o Concello de Ponteceso como o seu cortixo e imperio persoal e agora danos unha nova mostra do seu carácter caudillista,e dictatorial, cando as cousas non se fan como el quere”.

Axentes patrullando sen recursos básicos

Segundo explican estes concelleiros “desta vez trátase de mandar (como presunto castigo por non aceptar traballar 10 horas diarias incluidos o fin de semana) os nosos axentes da policía local a patrullar o monte sen recursos tan básicos como auga potable, a sitios peligrosos sin cobertura de teléfono”.

Inciden que os axentes quedan “incomunicados” e sen poder dispoñer dun vehículo “ademais de deixar aos veciños desatendidos ante o que poida pasar”.

Una decisión que desde este punto de vista é de “castigo” por “non someterse ao xugo irracional dun rexedor cegado polo poder e que persigue aos traballadores que se negan a ir en contra do sensato e legal como si de presas de caza se tratase”.

Un alcalde irracional

Consideran que con esta actitude García Carballido “amosa un grado de irracionalidade sen límites mandando á Policía Local ao monte.Defenden a importancia da Policía Local e trasladan o seu apoio aos traballadores:” A Policía Local sempre é necesaria, máis aínda en tempos de verán,sobre todo nas zonas urbanas”.

Non saen do seu asombro polo que está acontecendo :”El manda ao monte á Policía Local e pon a patrullar e a limpar as rúas a veciños que están en Protección Civil, que non están para iso,pero usa alguns voluntarios de Protección civil pa facer os traballos que tiñan que tar facendo os traballadores do plan de emprego social que se creou co sueldo dos políticos, o tiña que facer ata o 2023 ,pero a día de hoxe ainda non di onde os metiu,e os traballadores sen contratar”.

E achegan unha reflexión:”A todo esto,que cada un se pare a pensar si os policias ou a calquera outro traballador que somete os seus caprichos, foramos cada un de nos»

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos