14.6 C
Santa Comba
jueves, junio 30, 2022

Denuncian deficiencias en praias con bandeira azul do concello de Ponteceso

Os concelleiros non adscritos de Ponteceso expresaron a súa sorpresa porque a pesar de que se colocaran as bandeiras azuis haxa diversas deficiencias e falta de servizos.

“A sorpresa é que acúdese á praia do Osmo, e a pesar de ter a bandeira izada non contan con baños. Resulta que a praia adaptada ven sendo esta, polo tanto carece de servicio adaptado para persoas con discapacidade”.Ademáis denuncian “a falta de baños adaptados, posto de salvamento con punto de electricidade, ou a falta de sistema para quentar auga”.

Un dos concelleiros comenta.”Na miña presencia vexo como os socorristas atenden a un bañista por unha picada de escarapote e non teñen auga para tratar a picadura”.

Indican tamen que “a praia de Osmo non conta con rampa para acceso a zona de curas, os plans de emerxencia non estan expostos e faltan 
 os resultados da calidade de auga no panel”.

Aseguran que a situación repítese na praia da Ermida. Como é posible que con todas estas deficiencias se atreva o gran equipo de goberno a presumir de bandeiras azuis? 

FOTOS- CONCELLO DE PONTECESO-FACEBOOK

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
459SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos