9.7 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

O PP denuncia na Fiscalía as polémicas gravacións que “supostamente se realizaron no despacho da alcaldía”

Foto-archivo

A polémica das gravacións do concello de Ponteceso volve a primeira plana da actualidade. O portavoz do Partido Popular de Ponteceso, Daniel García Cotelo, confirmou a presentación dunha denuncia na  Fiscalía Provincial da Coruña diante do que “ pode ser constitutivo dun delito contra a intimidade e contra a administración pública”.

A difusión dunhas conversas nas que participaban o alcalde e varios concelleiros causaron unha potente controversia.A intención do portavoz do Partido Popular é que “a Fiscalía investigue que sucedeu, quen gravou e tamén quen fixo posible que estas conversas chegaran ata os cidadáns”.

Cámaras de gravación

Desde o PP “parece claro que as gravacións tiveron lugar no despacho do alcalde, Lois García Carballido” polo que quere coñecer “se a Fiscalía considera que a instalación de cámaras neste lugar é constitutivo dun delito, se seguen instaladas agora, cando se instalaron e se captaron máis conversas ou encontros”.

Na denuncia tamén fan referencia a “suposta destrución de documentos públicos custodiados no despacho do alcalde, co fin de que se investigue o motivo polo cal o alcalde poido ordenar ou permitir tal acción”.

“Polo ben dos nosos veciños, por garantía democrática e por compromiso coa nosa vocación de servizo público, nos vemos obrigados a elevar esta cuestión á Fiscalía” manifestou Daniel García, que lembrou que desde o seu grupo pediron as oportunas explicación sen fortuna.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos