14.2 C
Santa Comba
miércoles, noviembre 6, 2024

David Gómez:”Temos tres dedicacións que nos costan ós veciños máis de 80.000 euros ó ano e non se están facendo as cousas ben”

O portavoz do Partido Popular, David Gómez, fixo un balance “pobre” destes dous anos de lexislatura no concello de Zas:” As cousas están un pouco paradas. A pesar da pandemia noutros concellos fixéronse cousas.Temos tres dedicacións que nos costan aos veciños máis de 80.000 euros ao ano e non se está facendo as cousas ben”.

Entrevista a David Gómez a partir do minuto 62

Entre outras cousas, Gómez Brandariz, pensa que “é urxente un plan de mantemento de estradas e camiños. Deixan moito que desexar. Non se fan os desbroces que deberían”.

Sobre os dous proxectos destacados polo alcalde, o Tanatorio e a praza de Baio, asegura que “non foron sen tempo”, agardando que a última actuación vaia agora para adiante. Sobre o Tanatorio demanda un abaratamento das taxas para os veciños.

Lamenta que por parte do goberno do BNG “non hai comunicación coa oposición”.Tamén critican que as axudas pola pandemia “quedáronse cortas e quedou moita xente fora das axudas”. E que desde o PP lembran que pediron outra serie de medidas, como a exención de taxas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos