O Concello de Mazaricos está a levar a cabo labores de roza no municipio durante os meses de verán. Para esta tarefa conta cun reforzo de oito persoas contratados a través dos fondos Plan Reactiva da Deputación da Coruña.Cinco destas persoas levan a cabo a roza de forma manual, apoiando as tres máquinas actualmente en funcionamento.
Por outra banda, xa foron adxudicados os contratos de roza que entrarán en breve en funcionamento. Estes contratos adxudicáronse a empresas locais a través de concurso. Os seus labores comezarán a partir da semana que vén.
O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, lembra que estas tarefas son de especial importancia para reducir o risco de incendios durante os meses de verán e para o mantemento das pistas e camiños do municipio. Os traballos cubrirán aproximadamente 1.000 km de camiños e a totalidade dos núcleos de poboación.