9.1 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Manuel Muíño anuncia a licitación da nova praza de Baio, un dos desafíos do goberno xunto co Tanatorio

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, fixo balance destes dous primeiros anos de lexislatura e aproveitou para adiantar en Radio Xallas a licitación dos traballos da nova praza de Baio, que saíu a concurso xusto este mesmo mércores.

Entrevista en Radio Xallas a Manuel Muíño- desde o minuto 30

“É o remate dun proceso que tivo un trámite moi complexo, pero era un dos desafíos desta lexislatura”. A outra meta era o Tanatorio municipal, que xa está en marcha, “e que está tendo un uso moi importante polo que creo que acertamos en cubrir esa necesidade”.

Muíño Espasandín tamén puxo en valor o “o bo estado” da rede viaria municipal, e a boa saúde financieira, nun tempo de lexislatura marcado pola pandemia. Anunciou que en breve presentarán os orzamentos, que están prorrogados, se ben dixo que o carácter “expansivo” dos últimos aprobados.

Na entrevista tamén falou dos servizos sociais, da Ruta da Auga, e do “optimismo” que ten con respecto ao impulso do Parque de Megalitismo. Entre os obxectivos do goberno do BNG está poder desenvolver o Polígono de Lamas que “ten unha situación estratéxica”.

Con respecto a nova praza, o proxecto denominado “Urbanización do novo campo da feira” ten un orzamento de 314.988 euros (ive incluido) e un prazo de execución de catro meses. Ata o 20 de xullo poden presentarse ofertas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos