Javier Carballo Mouzo foi ordenado sacerdote o pasado domingo, e este martes participou no programa “Na Encrucillada”(Radio Xallas). Foi unha xornada especial:”Sentín moita felicidade. É un día moi bonito. Son días de nervos pero que quedan para o recordo”.
Entrevista desde o minuto 23 – Javier Carballo
Todo despois de varios anos de preparación. Entro no Seminario con 18 e agora ten case 25 anos. “Foron sete anos moi intensos pero que pasan moi rápido”.
Sobre a vocación, Carballo deixa claro que “un non escoita voces para entrar no Seminario”. O seu camiño foise perfilando pouco a pouco:”Desde pequeño ensináronme a rezar, leváronme á catequese e na miña familia houbo sacerdotes”. Tamén foi “monaguillo” en Vimianzo co párroco Daniel Turnes.”O ambiente que me rodea fixo posible que dese o paso. Ninguén se estranou cando dixen que quería ser cura” engadiu.
O vindeiro 16 de xullo, día da Virxe do Carme, ofrecerá a súa primeira misa. E despois agardar a coñecer o seu destino. Javier Carballo confesa un aprezo especial por un santo, San Manuel González.”A oración é o que nos mantén en pe senón e facil derrubarse”.
Outro vimiancés era ordenado sacerdote. Carlos Camiño, que falará este mércores en Radio Xallas, desde as 12,00.