6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Encontro de Gonzalo Caballero en Muxía coas alcaldesas e alcaldes do PSOE da Costa da Morte

Denuncian que a comarca está “desatendida” pola Xunta en materia de infraestruturas, servizos públicos e pulo industrialO secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, estivo hoxe en Muxía para manter unha xuntanza de traballo cos alcaldes e alcaldesas socialistas da zona.

Na xuntanza participaron os alcaldes e alcaldesas de Dumbría -José Manuel Pequeño-, Camariñas -Sandra Ínsua-, Fisterra -José Marcote-, Muxía –Iago Toba-, Carnota, Juan Manuel Saborido-, Vimianzo –Mónica Rodríguez- e Corcubión –Manuel Ínsua-, e a tenente de alcalde de Cee -Emilia Trillo-.

Nese encontro, abordaron as necesidades da Costa da Morte, unha bisbarra “desatendida” pola Xunta en materia de infraestruturas, servizos públicos e pulo industrial.Así, reclamaron ao goberno galego unha mellora das conexións da comarca coas cidades de Santiago e A Coruña, así como a necesidade de fortalecer os servizos públicos e, nomeadamente, de mellorar a sanidade de cara ao verán.

Aludiron deste xeito aos problemas derivados da falla de pediatras e da necesaria mellora na atención primaria.Ademais, esixiron á Xunta o desenvolvemento de plans de emprego que reactiven a bisbarra, ao tempo que requiriron solucións para Xeal.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos