14.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 24, 2023

Saída de vía preto do cemiterio de Camelle

Info- AXEGA 112- Sobre as sete e media da tarde pasada, un vehículo que circulaba á altura do cemiterio de Camelle, saíuse da vía e rematou batendo contra unha árbore. Foi a mesma persoa implicada no accidente, quen pediu axuda ao 112 Galicia. Solicitaba, ademais, asistencia sanitaria para unha persoa que estaba ferida.  

Tras recibir o aviso, os xestores do 112 informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes de Tráfico e a Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os Bombeiros de Cee, que aínda que non tiveron que excarcerar, si axudaron a evacuar ao ferido.Os servizos sanitarios encargáronse do traslado da persoa.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos