10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 24, 2023

“Adecom aspira a ser unha entidade social de referencia na Costa da Morte”

O presidente da asociación en Defensa da Costa da Morte(ADECOM), Mario Maceiras, xustificou a necesidade de crear unha asociación “de veciños que se unen para defender os intereses da Costa da Morte”.Un colectivo ou federación de asociacións que pretende ser “unha entidade social de referencia  na Costa da Morte”.

Entrevista a Mario Maceiras – Desde o minuto 65 deste audio

Maceiras apelou á necesidade da unión porque como no caso dos proxectos eólicos “as loitas están lideradas por pequenas entidades veciñais”, que non teñen apoios:”Os gobernos localis deben tomar a iniciativa de informar destes proxectos. E no caso de que sexa certo que non teñen información que se poñan a traballar”.

Xunto coa problemática mineira, nunha entrevista en Radio Xallas, o presidente de ADECOM referiuse ao “escándalo” das prospreccións “ilegais” de Eurobattery en Santa Comba e Coristanco. “Grazas aos veciños esta foi a primeira gran vitoria de ADECOM”.

Tamén se referiu á problemática do eucalipto, propoñendo “un novo modelo alternativo ao monocultivo” e alertando de situacións como as que se detectan nun espazo singular como a  Devesa de Anllares. Unha das próximas accións do colectivo estará centrado neste bosco autóctono.Mario Maceiras expresou ademáis o apoio aos traballadores de XEAL.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos