Info-AXEGA 112
O accidente ocorreu na Ponte do Porto, na estrada que vai cara Vimianzo, a AC-432Segundo os datos aportados polo alertante que chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda, o condutor que circulaba por dita estrada rematou na cuneta. Aseguraba que non estaba atrapado, pero si, precisaba asistencia sanitaria.
A partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decontado desprazaron unha ambulancia cara o punto.Así mesmo, foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Cee, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.Finalmente, tras ser estabilizado, o ferido foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ao Hospital Virxe da Xunqueira.