3.4 C
Santa Comba
sábado, diciembre 14, 2024

Denuncian a presunta existencia de casos de acoso laboral e sexual en XEAL e anuncian novas concentracións

FOTO-ARQUIVO

O comité de empresa de XEAL (antiga Ferroatlántica) informa que dúas traballadoras da empresa interpuxeron senllas denuncias o que significaría a “presunta existencia de dous casos de acoso laboral e sexual”.

Neste senso, explican que solicitaron unha reunión coa empresa “e pese o recoñecemento de condutas inapropiadas por parte dun superior e que poden ser constitutivas de acoso moral, laboral e sexual, non se adoptaron ningún tipo de medidas contra o presunto agresor”.

O representantes dos traballadores estudan as medidas a adoptar ao tempo que piden a readmisión dun traballador “inxustamente despedido”  dentro dunha “política de persecución contra os traballadores e traballadoras” iniciada pola dirección de XEAL.Asimesmo indican que continuarán co seu calendario de mobilizacións  semanais este mesmo venres ás 14,45 horas diante da fábrica de Brens.

Críticas ao PP e ao PSOE

Se fai uns días en Adiante Galicia recollemos un cruce de críticas entre o deputado socialista Martín Seco e o responsable comarcal do BNG Serxio Domínguez Louro, agora o foco está posto no pleno da Deputación.

Desde o comité de empresa critican a postura de PP e PSOE deste xeito:”O comité lamenta e non entende o sentido do voto tanto de PP en contra e coa complicidade da abstención do PSOE (consciente do resultado), que deixan sen efecto este reivindicación para trasladar á Xunta, cando as fábricas viven un proceso de desmantelamento progresivo, redución drástica da actividade dos fornos e destrución de empreo que pon en perigo a viabilidade das plantas de ferroaliaxes e a continuidade dos postos de traballo”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos