O responsable comarcal do BNG e portavoz no concello de Cee, Serxio Domínguez Louro, saíu ó paso das declaracións do deputado socialista Martín Seco no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, cunha intervención no mesmo espazo radiofónico.
Entrevista a partir do minuto 15
Pensa que estamos diante dunha “guerra absurda” e acusa a Martín Seco de dicir “verdades a medias”. Explicou que xunto con outros grupos da oposición en Cee pediron que XEAl financiara a mellora dunha estrada que usa a empresa.”Cando a alcaldesa trae esa proposta de obras de 41.000 euros nós dicímoslle que fale con Xeal para que financie completamente esa obra”.Lamenta que a empresa financiara “só a metade”.
Sacarlle importancia ao problema de XEAL
Por outra parte reiterou a crítica aos alcaldes da Costa da Morte:”Cando falamos de que branquean a imaxe de XEAL pensamos que ese traballo se pode facer sen saír na prensa, sendas fotos do alcalde de Dumbría e da alcaldesa de Cee coa directora de XEAl , vendendo iso como se fora un logro”.
Para Domínguez Louro esa postura non lles parece “correcto” e “esa é a maneira de branquear a empresa e de sacarlle unha importancia tremenda ao problema de XEAL”.
O responsable nacionalista lembrou que “esa foto saíu o dia posterior a reunión de portavoces do concello de Cee co comité de empresa de XEAL”. Considera que “estivo todo ben pensado”.
Abstención do BNG
Ademáis aclarou a abstención do BNG á iniciativa do PSOE no Parlamento, xa que o BNG propuxo unha emenda porque “non estaba de acordo cunha parte da iniciativa”. Concretamente onde “O PSOE pide fixar un número mínimo de empregos para manter a unión das ferroaliaxes e da enerxía. Creemos que non é necesario porque xa partimos duns mínimos”.
O BNG entende que hai que manter a produción “a pleno rendemento” nas cinco unidades produtivas.