10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Queixas en Muxía pola falta de pediatras e matronas

A praza do Coido de Muxía foi testemuña da reivindicación das nais e pais de Muxía, encabezados pola plataforma ‘Pediatras e Matronas Xa’, pola falta de atención primaria tanto en pediatría como en servizo de matronas no municipio.A dito acto sumáronse o alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Educación, Olalla Benlloch, que acompañaron e apoiaron ás familias presentes nesta iniciativa.

Tras a reclamación, desde o Concello trasladaron a todas as familias afectadas que se comprometen a apoiar e dar respaldo total neste asunto, con diferentes accións e reunións que se levarán a cabo nas vindeiras datas.  

De feito, desde o executivo comprometéronse a realizar unha queixa formal en nome do Concello no centro de saúde, para intentar axilizar e buscar vías para resolver esta problemática. 

A protesta realizouse nun recinto que actualmente conta cunha gran carga emotiva, xa que na praza do Coido está instalado actualmente o parque de atraccións de Muxía.

“Desde este equipo de goberno sumámonos a esta reivindicación, dun servizo que consideramos esencial para todas as familias de Muxía e faremos chegar novamente este malestar a outras institucións e administracións para intentar resolver este problema”, destacou Toba.

Na mesma liña, Olalla Benlloch sumouse “a esta reivindicación xa que consideramos que os nenos e nenas de Muxía merecen unha atención primaria de calidade e que sexan atendidos por un especialista”.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE MUXÍA

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos