8.1 C
Santa Comba
sábado, marzo 22, 2025

ADECOM asegura que a Xunta está permitindo a redución do caudal ecolóxico do Río Xallas

A asociación para a defensa da Costa da Morte “ADECOM” denunciou a redución do caudal ecolóxico do río Xallas que libera o encoro de Santa Uxía.A entidade asegura que tivo acceso a informacións que confirman a autorización por parte da Xunta á empresa XEAL  para reducir o citado caudal ecolóxico “o que xa estaría a aplicar, como se pode comprobar a simple vista do ínfimo chorro de auga que cae agora na fervenza do Ézaro”.

Desde ADECOM entende que “con esta controvertida decisión a empresa e a Xunta poderían estar a incumprir o mandato xudicial que dera a razón á entidade AEMS Ríos con Vida na súa denuncia presentada en 2010 polas continuas secas que viña provocando a eléctrica no río Xallas, e que entre outros prexuízos poñía en grave risco a supervivencia da biodiversidade nos 1,4 km do treito final do río, que contén especies protexidas e mesmo algunha en perigo de extinción, coma o Isoetes fluitans”.

“Máis ao parecer este paso atrás obedece a un cambio de criterio de Augas de Galicia que en lugar de garantir a legalidade e a conservación do medio natural, esixindo a liberación do caudal ecolóxico estabelecido, unha década despois decide permitir á empresa liberar un volume de auga proporcional ao da entrada de auga no encoro, podendo varialo cada mes” afirman nun comunicado de prensa na que tamén trasladan as súas sospeitas “que detrás deste cambio de criterio tan arbitrario hai unha nova concesión do goberno galego ao sector eléctrico privado, que ao parecer agora conta con carta branca da Administración para impoñer os seus intereses empresariais aos da veciñanza e á conservación do medio natural en todo o País”.

FOTO-ADECOM

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,140SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos