4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Mónica Rodríguez, nova presidenta da CMAT

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, liderará o equipo directivo nos próximos dous anos, asumindo a Presidencia do ente xestor do turismo de Costa da Morte

O pasado luns 21 de xuño, celebrouse en  Vimianzo unha Asamblea da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), na que, entre outros puntos a tratar, tivo lugar a elección da nova Xunta Directiva, tras os dous anos do mandato do anterior presidente, o alcalde de Muxía, Iago Toba.

A nova Xunta Directiva, elixida por unanimidade, está composta polos representantes dos concellos de Vimianzo (Presidencia), Camariñas (Vicepresindencia), Cabana de Bergantiños (Tesourería), APTCM (Secretaría e primeiro vogal), Fisterra (segundo vogal) e Carballo (terceiro vogal).

Agradendo a boa labor na xestión da entidade realizada polo anterior equipo directivo, especialmente a Iago Toba como Presidente, José Manuel López como vicepresidente e José Luis Pérez como vogal, comeza unha nova etapa no xeodestino, cun equipo ilusionado e con gañas de traballar en conxunto polo desenvolvemento e a promoción turística do destino de Costa da Morte.

No marco da asamblea, comunicouse a todos os socios a resolución das axudas da Deputación da Coruña para as actividades de 2021, onde terá especial protagonismo o marketing online, o Camiño Fisterra–Muxía, (en honra da celebración do Ano Santo Xacobeo), a realización de varios blog trips, o posicionamento de Costa da Morte como destino familiar  e a realización de diferentes elementos audiovisuais que promocionen as vivencias e emocións que se poden vivir arredor do patrimonio natural e cultural de Costa da Morte.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos