Continúan chegando queixas da oposición de Ponteceso. Onte a través do portavoz do PP, Daniel García Cotelo pola non celebración dun pleno extraordinario. Hoxe é por subvencións perdidas ou non explicadas
García Cotelo falou en Radio Xallas- Desde o minuto 27
Hoxe a oposición en conxunto difundía un pleno no que criticaban a xestión do proxecto de renovación de luminarias subvencionado polo IDAE:” o modus operandi do Sr Alcalde segue a ser o de sempre, presenta un proxecto elaborado e estudiado únicamente por el, non temos información, non participamos nin opinamos na redacción, volvemos co ou o tomas ou o deixas.”
Os concelleiros da oposición pídenlle a García Carballido “que rectifique algunhas cousas porque son ilegais e a resposta é inexistente….está claro o proxecto está feito a medida, e se participamos o resto de concelleir@s non é así, pedimos transparencia e que as cousas se fagan ben e claro eso a Lois Carballido non lle interesa”.
Tamén falan de subvencións perdidas:” Os veciñ@s teñen que saber que se perden subvencións por pasar os prazos e curiosamente non saen na prensa…. Explique porque se perdiu a subvención de compensación ambiental 220.000€, ou outra destinada a limpeza das nosas aldeas, 20000€…. E así pasa con este proxecto ou se fai cómo e para quen vostede diga ou deixará pasar o prazo e perderá os cartos e de quen será a culpa??? “.
E por último engaden:“Do resto, dos dez concelleir@s por non aceptar o que hai, claro exemplo foi o Pos e segue coas mesmas…pois que lle quede claro que parece que ainda non lle quedou, e que sepan os veciñ@s que nos non seremos partícipes de proxectos feitos a medida, de chanchullos e falla de transparecia e se de algo temos e culpa será precisamente diso, Loitaremos polo xusto e polas cousas ben feitas… Vostede venda o que queira, xa nos ten afeitos pero os veciñ@s non son tontos así que non os trate cómo tal”.