9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Os concelleiros do Partido Popular abandonaron o pleno de Muxía

O pleno de Muxía transcorreu con normalidade pero rematou con polémica. Os concelleiros do Partido Popular abandonaron a sesión. 

A actitude do PP, unha falta de respecto, para o alcalde

Desde o goberno local indican que foi unha marcha “sen argumentar  motivos ou xustificacións” o que o alcalde Iago Toba cualificou como “unha falta de respecto”. A decisión tomouse cando o alcalde se refería a unha pregunta dos populares sobre o programa “Muxiup”.

Para Toba “parece que toda iniciativa beneficiosa para os muxiáns e muxianas molesta e incomoda ao PP e sobre todo cando se prevé que unha iniciativa vai ser exitosa e novidosa, parece que sempre prefiren obstaculizar en vez de axudar”.

Sobre  a iniciativa en sí explican que “esta iniciativa e as invitacións enviadas ás casas dos nenos e nenas para a feira de atraccións foi un requisito indispensable nas negociacións para que o que vai a celebrarse sexa unha realidade. A cifra investida polo Concello e o que supón para as arcas municipais é algo simbólico e irrelevante e por suposto conta con total transparencia, por iso non entendemos esta actitude por parte de integrantes da corporación municipal”. 

Sandra Vilela acusa ao alcalde de manipular

“Simplemente preguntamos quén organizaba iso, se era o concello ou outra entidade” explicou Sandra Vilela a Adiante Galicia. “O alcalde anunciou a actividade nas redes sociais. Enviáronse tickets e cartas e no concello  ningún funcionario sabía dicir nada sobre iso. En Portos de Galicia non hai, de momento, ningún permiso para esa cuestión. E preguntamos no pleno como vai a ser a actividade”.

A portavoz popular, que aclara que non entrou a valorar a iniciativa, critica que no pleno “o alcalde empeza a manipular a dicir que non me ten porque contestar e que as negociacións entre a concelleira e a empresa son privadas cando falamos de cartos públicos”.

Ante o feito de que “non me estaba respondendo decidín non participar no seu xogo e na súa manipulación absoluta e constante”. E optou por deixar a sesión.

Outros asuntos

Con respecto ao pleno aprobouse por unanimidade á proposta de bonificación IBI en relación á ordenanza municipal que a regula e a modificación da ordenanza de tráfico. Tamén foron aprobadas dúas mocións do PP.A primeira, por unanimidade, sobre o incremento do importe dedicado ao PEL. E a segunda, sobre a implantación, renovación e mellora de redes de abastecemento e saneamento por parte da Deputación da Coruña, que por foi aprobada coa abstención do PSOE e non adscritos e co voto en contra do BNG.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos