Estes foron os programas e os contidos da semana en Radio Xallas. Todos os programas e contidos a excepción do mércores que non houbo emisión por problemas técnicos.
Historia da Policía Nacional, o atentado de Ricardo Couso e actualidade de Ponteceso
Luns 14 de xuño. Titulares e a crónica informativa. Falamos da “machada prehistórica de San Salvador” (desde minuto 16 )escoitando as voces dos protagonistas no acto do pasado venres. Conversamos con Jose Manuel Pose Verdes portavoz de Apin (desde minuto 35) Lembramos o 30 aniversario do asasinato do axente da Garda Civil #RicardoCousoRío (desde minuto 51) , e con José Eugenio Fernández Barallobre(desde minuto 70) falamos do seu libro “Historia de la Policía Nacional”( La esfera de los libros) E con máis noticias e música completamos esta emisión.
Especial moción de censura Santa Comba
Este foi o programa informativo especial de Radio Xallas con motivo da moción de censura de Santa Comba.
Os danos da fauna salvaxe
Martes 15 de xuño. Edición especial de ”Na Encrucillada”. Despois dos titulares e o tempo, comentamos as principais noticias da comarca, como o inicio das prospeccións mineiras en Castriz, anunciadas por Eurobattery e a axenda de actividades. E falamos dos danos da fauna salvaxe con Andres Saavedra (desde o minuto 34)da asociación APERFASA.
Sofía de Grecia, Eurobattery e o Twitter en galego
Xoves 17 de xuño. Iniciamos o programa coas noticias comarcais, o tempo e os titulares da prensa. Escoitamos unha declaración de Xosé Abelenda da Plataforma BerXallas(min 14) sobre o proxecto mineiro de Eurobattery. Despois conversamos con Carmen Gallardo sobre o seu libro “La última reina”(min 29) que se presenta en Compostela. E visita os nosos estudios o xalleiro Carlos Vieito promotor do Twitter en Galego (min 67).
Arqueoloxía con Lino Gorgoso e repaso en Val do Dubra
Venres 18 de xuño.. Noticias, o tempo, titulares de prensa e entrevistas. Falamos co arqueólogo xalleiro Lino Gorgoso López (desde o minuto 34) sobre o patrimonio de SANTA COMBA .E tamén contactamos co voceiro de Terra Galega Val Do Dubra e primeiro teniente de alcalde de Val do Dubra, Oscar Del Rio Pombo (desde minuto 74).