7.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Nova machada prehistórica cedida ao Museo da Terra do Xallas

Unha nova machada prehistórica localizada na parroquia de Castriz, xa forma parte do catálogo de recursos do Museo da Terra do Xallas. A cesión doutra machada atopada en San Salvador e as información difundidas sobre a mesma están provocando estes reaccións tan positivas.

“É unha machada moi similar a de San Salvador” comentou en Radio Xallas o arqueólogo xalleiro Lino Gorgoso que destacou que “esta conciencia está espertando e hai xente que se da conta que pode colaborar no interese público. A xente que coñece o seu patrimonio pode optar por facer estas achegas”. Os expertos da talla de Gorgoso coinciden en dar moito valor as tarefas de divulgación.

Da machada e de patrimonio falaba Lino Gorgoso en Radio Xallas (desde o minuto 34)

Esta machada pulimentada foi atopada na finca “A Xunqueira” no lugar de Padreiro. A peza, datada entre 6.000 e 4.000 anos, presenta evidentes marcas de desgaste, co gume totalmente gastado.

Segundo os propios expertos polo seu tamaño encádrase dentro das machadas de combate e contaría cun mango de madeira, que non se conservou para o seu emprego.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos