13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

O PSdeG pide que se manteña aberto o CEIP Pino de Val de Mazaricos o próximo curso

Noa Díaz e Javier González Trillo visitan o centro para anunciar que levarán a proposta ao Parlamento de Galicia

A parlamentaria socialista Noa Díaz reclamoulle hoxe á Consellería de Educación que manteña aberto o CEIP Pino de Val coas tres unidades intactas a lo menos no próximo curso. Díaz visitou hoxe este centro de Mazaricos xunto co portavoz municipal socialista, Javier González Trillo, onde anunciaron unha serie de iniciativas parlamentarias para levar as demandas dos pais e nais dos alumnos ao Parlamento de Galicia.

A parlamentaria socialista reclamoulle hoxe ao goberno galego que demore a lo menos un curso máis a súa decisión de trasladar aos 23 alumnos e alumnas ao centro de A Picota ou deixar unha soa unidade de Primaria e outra de Infantil. Sinala que “a tres días do remate do curso escolar non é o momento de forzar ás familias que xa teñen organizados os seus plans de conciliación familiar para o próximo ano”.

Por este motivo reclamou que manteñan aberto o centro un curso máis “e o próximo ano tomen as decisións que consideren oportunas, pero dándolle ás familias a oportunidade de prepararse e organizarse”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos