Comunicado remitido polos membros da oposición do concello de Ponteceso
ABSURDECES
1. No goberno municipal de Ponteceso suceden cousas tan absurdas como que o alcalde vote en contra da súa proposta para aprobar á sesión plenaria do 29 de marzo de 2021 de modificación da composición e formación das Comisións Informativas, obrigada pola expulsión do grupo municipal socialista de cinco concelleiros socialistas. A lei obrígao a aplicar o voto ponderado para garantir a proporcionalidade e o alcalde vota en contra desa obriga porque considera que coa aplicación do voto ponderado porque iso beneficiaria aos concelleiros expulsados.
2. O grupo de goberno presenta un recurso contra o acordo plenario de eliminación de todos os cargos con dedicacións exclusivas e parciais para destinar os créditos liberados a unha segunda convocatoria de Plan de Emprego Social, recurso que, de conformidade cos informes xurídicos, foi desestimado.
3. Pasan cousas tan absurdas como a que se dou na última sesión plenaria extraordinaria convocada polo alcalde, que abandonou a sesión por orde do secretario sen abrir o debate do asunto, polo que sen ter a condición de facelo, foi o secretario o que abriu o debate, moderou e incluso debateu, é dicir, pasou a exercer de presidente da sesión.
4. Os 5 edís non adscritos, os 2 do grupo municipal APIN e os 3 do grupo popular presentaron o 7 de xuño de 2021 unha solicitude de sesión extraordinaria para tratar mocións que, nalgún caso, xa foran presentadas para outras sesións pero para as que os servizos técnicos de intervención e secretaría non puideran informar por falta de tempo. A orde do día solicitada era a seguinte:
. Toma en consideración, debate sobre o asunto e, no seu caso, inicio dos trámites pertinentes para poñer a disposición dos veciños un vehículo pertencente á flota municipal, ben sexa híbrido ou eléctrico, para que os mesmos poidan solicitalo/reservalo para satisfacer as súas necesidades persoais, favorecendo o medio ambiente, reducindo as emisións dos vehículos convencionais e achegando facilidades á veciñanza para manter a poboación no rural.
. Análise sobre o estado do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e, no seu caso, acordar a resolución do contrato coa empresa adxudicataria e asunción do servizo en propio polo Concello, así como o retorno ao Concello de Ponteceso de todos os traballadores subrogados no seu día á empresa
. Toma en consideración, debate sobre o asunto e, no seu caso, aprobación do inicio da tramitación de expedientes para a rebaixa do IBI urbano e rústico ao 0,4% da base liquidable e rebaixa do ICIO ao 2% da base impoñible.
. Análise sobre estado económico-financieiro do concello e, no seu caso, aprobación ou impulso do expediente correspondente para a contratación dunhaauditoría económico-financieira e de contas de carácter externo, por un contratista axeitado.
. Toma en consideración e debate sobre a necesidade de cesión de uso aos concelleiros non adscritos, ao grupo municipal do PP e ao grupo municipal de APIN de instalacións cunha mínima infraestructura de medios materiais aos efectos de exercer de forma adecuada os seus dereitos de representacion e, no seu caso, aprobacion da cesión de aulas no Edificio Municipal das Escolas con tal finalidade.
. Análise sobre o estado, actividade e funcionamento da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ponteceso e aprobación, no seu caso, da modificación do seu Regulamento
. Toma en consideración sobre o estado dos últimos procesos de selección de persoal levados a cabo polo Concello, sobre a necesidade de aprobación de mecanismos de control e, no seu caso, aprobación da creación dunha Comisión Informativa de Persoal e Interior
A lei establece que o alcalde ten que convocar a sesións solicitada a solicitude da cuarta parte do número legal de membros da Corporación no prazo de catro días, pero o alcalde resolveu denegar a solicitude baseándose en informes do secretario accidental e da interventora. Informes que conclúen na maioría dos casos que non hai tempo material para emitir informes profundos e completos ademais de por non estar claro se serían nulos os acordos adoptado e por apreciar que deberan solicitarse como mocións resolutivas e ir na parte correspondente do pleno e non de control e fiscalización dos órganos de goberno. Noutros casos os informes dos servizos técnicos son porque os expedientes esixen unha tramitación previa aos acordos, aínda que o enunciado dos asuntos especifica “e, no seu caso, o inicio dos trámites pertinentes…”
. Outras veces é porque o alcalde é o que ten que iniciar o expediente, por exemplo o da rebaixa do IBI ou que ese tema en concreto habería que dirixilo ao apartado de rogos para que o alcalde valore se acepta ou non iniciar o expediente.
Pero o absurdo máis absoluto é a xustificación da denegación da inclusión na orde do día dos asuntos da orde do día proposta pola oposición baseándose neses informes.