Foto-Populares de Santa Comba
ACCESO NOTICIA SOBRE MOCIÓN
Todo segundo o guion previsto. Sen sorpresas. Nun pleno a porta pechada e sen público, celebrouse o pleno da moción de censura contra o alcalde David Barbeira.
Seis votos do Partido Popular e dous do PSOE (José Antonio Ucha e Cristina Fajín) permiten á popular María Pose Rodríguez retornar á alcaldía xalleira. Foi a candidata máis votada nas últimas eleccións. Cuestión que reivindicou hoxe:»Os veciños de Santa Comba querían que gobernase o Partido Popular».
Votou en contra da moción o alcalde saínte David Barbeira, e abstivéronse os outros catro concelleiros do PSOE.A mesa de idade estivo presidida pola socialista Blanca Ruzo.