4.9 C
Santa Comba
martes, diciembre 24, 2024

Accidente de tráfico en Cee cunha persoa que necesitou axuda para saír do seu vehículo

Unha muller necesitou a axuda dos servizos de emerxencias para lograr saír do seu vehículo, despois de sufrir unha colisión contra outro turismo, no concello de Cee.

Ao fío das doce da mañá, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares que informaban dun accidente de tráfico entre dous coches na estrada comarcal AC-552, á altura do punto quilomético 89, en Xallas. As testemuñas do feito indicaban que no interior dun dos vehículos había unha persoa que non podía abrir as portas e saír. 

Nese momento, os xestores do CIAE-112 alertaron aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos membros de Protección Civil do municipio e aos servizos sanitarios. Estes últimos, ademais, indicáronlle ao 112 que xa tiñan constancia da colisión e que, segundo a información recollida, había dúas persoas feridas, unha delas atrapada.

Finalmente, a dotación de Bombeiros, desprazada ata o lugar, confirmoulle aos xestores do 112 que tivo que prestar axuda na apertura da porta dun dos turismos para lograr a saída do seu ocupante.Co fin de restablecer a seguridade na vía, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén se informou ao persoal de mantemento de estradas.

INFO-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos