Nun comunicado de prensa o alcalde de Santa Comba, David Barbeira, informa que este pasado venres 11 de xuño presentou “ante o Servizo de Inspección de maiores, discapacidade e dependencia da Consellería de Política Social, a memoria técnica das instalacións para a futura implantación dun Centro de Día no baixo da Vivenda Comunitaria sita na rúa Orense”.
Centro de Día de xestión municipal
Segundo manifesta Barbeira “foi un proxecto co que me comprometín en campaña electoral e despois de estar en contacto cos técnicos da Consellería e das correccións oportunas, por fin está rematada a memoria técnica para convertir este proxecto nunha realidade a corto prazo. A xestión sería municipal e xa están previstos tanto os costes de obra, como do persoal que faría falta para poñelo en funcionamento”.