16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

A “machada prehistórica” de San Salvador xa forma parte do Museo da Terra do Xallas

– Xosé Manuel Lema-

Unha machada prehistórica cunha antigüidade entre 4.000 e 6.000 anos é o novo aliciente para o Museo da Terra do Xallas de Santa Comba. 

VÍDEO ACTO 11 DE XUÑO

Esta peza de pequeno tamaño, en perfecto estado de conservación, atopada de xeito casual na braña da “Chousa do Herbal” en San Salvador, foi doada polos seus descubridores, José Manuel Nieto e María del Carmen Pastoriza, e recepcionada polo alcalde xalleiro, David Barbeira García.

No acto estivo tamén presente un dos artífices desta iniciativa e mozo moi vencellado ao activismo cultural xalleiro como é Jorge Castelo( Axio Mouro, O Son da Curuxa). E o arqueólogo, tamén xalleiro, Lino Gorgoso, que colaborou na análise desta machada.

Lino Gorgoso indicou que estamos diante “dunha peza cunha conservación extraordinaria, prácticamente sen marcas de emprego, presupoñemos que no seu momento fíxose para ter un carácter votivo.Este tipo de ferramenta seguramente teña que ver cunha ofrenda ou cun enterramento. É unha xoia”.

O alcalde David Barbeira agradeceu  a decisión dos dous veciños de San Salvador pola doazón, e a colaboración tanto de Gorgoso como de Jorge Castelo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos