25.9 C
Santa Comba
miércoles, agosto 10, 2022

Juan Carlos Piñeiro:”O acordo de goberno de Santa Comba tiña que cumprirse”

// En breve compartiremos o audio coa entrevista neste mesmo artigo//

O secretario xeral de Compromiso por Galicia,Juan Carlos Piñeiro Docampo, afirmou na sintonía de Radio Xallas:”O partido non dixo nada ata hoxe, pero o que está pasando en Santa Comba non é prato de bo gusto, nin entra dentro da filosofía política de Compromiso por Galicia”.

Piñeiro manifestou que á marxe dos problemas que poideran xurdir o pacto estaba para cumprirse:”CxG o que ten que facer é cumprir os seus compromisos. Houbo unha negociación. Había un acordo entre Compromiso e o PSOE de Santa Comba para o reparto de dous anos de goberno e había que  dar cumprimento á palabra dada”.

Posible candidatura en Santa Comba

O secretario do partido polo que se presentou o actual alcalde de Santa Comba, David Barbeira, comentou que este xa non estaba afiliado a esta organización e informou que é probable que CxG se presente ás eleccións municipais de Santa Comba.

Juan Carlos Piñeiro Docampo insistiu en  “condenar a mala acción de Barbeira que non cumpriu a palabra” e “tampouco cumpriu as súas obrigas co partido”. Sobre a moción de censura dixo “Cando hai unha moción de censura a primeira vítima é a democracia”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,782SeguidoresSeguir
465SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos