“Este tipo de colaboracións son moi importantes tanto para o Concello coma para os seus veciños e neste caso particular contribuirá a mellorar notablemente o día a día e a seguridade dos veciños de Olveira”. Así valoraba José Manuel Pequeño, o investimento que se realizará na parroquia de Olveira.
Grazas a un convenio asinado polo alcalde de Dumbría e a Directora Corporativa de Xallas Electricidad y Aleaciones, XEAL, María Couto, a empresa achegará uns 50.000 euros para a financiación de parte das obras de mellora e acondicionamento da estrada que comunica o núcleo de Olveira co encoro de Fervenza.
A mellora afectará a un treito de 900 metros. Esta estrada serve para comunicar aos veciños de Olveira cos lugares de Coquiño e Vilafernández, pero tamén coa área de ocio deste lugar e campo de adestramento e competición do Club Piragüismo Dumbría.Tamén é un acceso ás centradis hidroeléctricas de XEAL.