15.4 C
Santa Comba
sábado, noviembre 2, 2024

“Isto estaba todo amañado” denuncia a oposición de Ponteceso sobre o pleno

O pleno extraodinario urxente celebrado este mércores en Ponteceso provocou a indignación dos grupos da oposición, ao ausentarse tanto o alcalde como as dúas concelleiras socialistas. O secretario advertiu que tiña que ser así e que non podían participar na votación. Pero outra cousa é o debate.

«O alcalde abandonou o barco»

Para José Manuel Pose Verdes(APIN)“estaba todo amañado, non quería debate. O que vivimos foi unha situación moi rara, difícil de explicar. Eu diría que alegal” .Versión coa que coincide o non adscrito Faustino Santiago Lema:”Estaba todo amañado para que o alcalde non dera a cara diante dos veciños. Abandonou o barco”. 

Desde o Partido Popular chegou a valoración de Daniel García Cotelo:“O acontecido hoxe neste pleno, só se pode cualificar de vergoñento, xa que o alcalde abandonou a sesión para non debater cos concelleiros nin dar explicacións aos veciños. Entendemos que isto, como tantas outras cuestións, estaba preparado” .

Os concelleiros da oposición aprobaron a elección da defensa xurídica.O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, informara que o grupo socialista presentara un recurso contencioso-administrativo contra varios acordos adoptados pola corporación xa que“aprobáronse cousas con informes contrarios de secretaría e intervención e entendemos que vai en contra da lei”.

«O alcalde denuncia ao concello»

Para a oposición é algo insólito que “o alcalde denuncie ao concello” como sinalaba Pose Verdes: “É unha situación rocambolesca. O alcalde denuncia ao concello e imos a un pleno a falar con ninguén” apuntó Pose Verdes. 

García Cotelo manifesta: “Os concelleiros da oposición tivemos hoxe que nomear a defensa do Concello só porque o alcalde non quere que se investigue a suposta presencia de cámaras ocultas na alcaldía tal e como se aprobou por maioría nun pleno. O ilegal é gravar sen permiso conversacións, non tratar de investigar a veracidade duns feitos” .

“É algo vergonzo e bochornoso” engade Faustino Santiago que participaba esta semana no programa Na Encrucillada de Radio Xallas, ó igual que o facía hoxe Lois García Carballido.

ENTREVISTA A CARBALLIDO – DESDE MINUTO 17

 

ENTREVISTA A FAUSTINO SANTIAGO- DESDE MINUTO 28.

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos