6.9 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Fátima Sánchez Blanco:”Cada vez hai máis interese polo patrimonio”

Fátima Sánchez Blanco é unha arqueóloga xalleira que representa con outras persoas a iniciativa empresarial CADO Arqueoloxía. Na actualidade xunto con outros quefaceres profesionais está participando no proxecto Sikait Project, que investiga unhas minas de esmeralda en Exipto.

Con outro arqueólogo xalleiro, Lino Gorgoso López, elaborou o informe “As tumbas dos nosos antergos. As mámoas e medoñas do concello de Santa Comba”, onde localizan 44 mámoas, e que se deu a coñecer desde o blog O Son da Curuxa..Sánchez pensa que “cada vez hai máis interese polo patrimonio. A raíz da pandemia a xente mira máis para o patrimonio que ten preto”.

Defende a importancia da divulgación tanto con visitas guiadas como a través das redes sociais. Considera que Santa Comba é un concello rico en patrimonio, con castros moi atractivos nos que poder traballar como o de Boaña ou o de Ventosa. Estes xacementos coidados e difundidos suporían un importante “atractivo turístico” para o municipio.

Destas cousas falounos Fátima Sánchez en Radio Xallas.A partir do minuto 65

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos