Para o concelleiro Faustino Santiago o que está pasando en Ponteceso “é vergonzoso”. Pensa que o problema está nas ansias do alcalde Lois García Carballido “de controlar todo” e tamén en que “descubrimos as trapalladas de Carballido e el non soportou iso.O noso pecado é non estar de acordo coas trapalladas de Carballido”.
Lamentou a actitude do alcalde e da dirección do PsdeG que se alonxa da filosofía do partido:“Están aproveitando as siglas do PSOE para conseguir poder. Non practican a ética socialista.Nin Carballido, nin Valentín González nin Lage”.
Sobre Protección Civil
Lembra que a oposición propuxo que o POS se destinara a obra e acusou ao alcalde de dividir ao grupo de Protección Civil:”Quitounos o servizo. Quere facer unha directiva a dedo”. Chegando a extremos dubidosos:”Hai xente con traxe de Protección Civil que non é voluntaria. E fan o traballo dos policías. Iso é ilegal”, lembrou Faustino Santiago.