“Estamos traballando a tope, sen dedicacións pero cun grande entusiasmo”, asegurou o alcalde Lois García Carballido que lamentou o “bloqueo” que afectou ao Plan de Obras, pero destacou que se están levando actuacións en todas as parroquias e a implantación da fibra óptica que próximamente chegará a Corme Porto.
Nunha entrevista “Na Encrucillada” (en breve compartiremos o audio dentro desta noticia) asegurou que o “o polígono está crecendo” e que o seu goberno está realizando “unha xestión eficiente dos recursos”.
Protección Civil
Sobre a problemática de Protección Civil alabou o traballo desta agrupación e minimizou a polémica:”Temos unha discusión puntual porque hai un conxunto de persoas que están moi activas pero non conseguimos que as dean de alta e outras que están tamén activas e as deron de baixa”.
Alumeado
Carballido comentou que o seu grupo “fixo o traballo de conseguir a subvención e licitar o proxecto e agora é competencia do pleno”. Enviou unha mensaxe á oposición:”Os veciños fíxanse cando se colabora e tamén cando se vota en contra de facer obras e traer cousas.Non podemos caer en temas de rencor, bloqueos ou vinganzas políticas”.
Sobre as queixas de PP e dos non adscritos pola falta de servizo telefónico na “Galiña Azul” aclarou que se estaban realizando melloras para implantar a fibra óptica.