8.1 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Ucha pide perdón polo apoio a Barbeira ao que define como un “oportunista” e “un estafador da política”

A semana pasada falou o alcalde de Santa Comba, David Barbeira.Este luns tocoulle ao portavoz socialista José Antonio Ucha nos micrófonos de Radio Xallas.

Entrevista a José Antonio Ucha e Cristina Fajín- Desde o minuto 22

Non aforrou descalificativos para o ata fai pouco socio de goberno:”Oportunista”, “impresentable”, “estafador da política” ou “paracaidista” foron algúns.

«Eu cumprín a miña palabra escrupulosamente»

“Eu cumprín a miña palabra escrupulosamente”. Afirmou Ucha, asegurando que Barbeira fixera todo o contrario.”Ofreceuse á xestora do PSOE como candidato, traicionándome, e intentou pactar co PP”.Pediulle perdón os votantes socialistas pero xustificou o seu apoio á moción de censura á “paralise e a pésima xestión”, e ós incumprimentos do alcalde.

É consciente de que pode ser expulsado do PSOE pero opina que o sacrificio é necesario:”O noso partido non pode ser chuleado ou estafado por calquera persoa”

«Unha pésima xestión»

Debuxou unha situación moi negativa no concello de Santa Comba”Hai traballadores de baixa por acoso laboral, mentras hai camarillas de aduladores incentivados con pluses”.

Denunciou contratacións sen procedemento, falta de material municipal, falta de xestión e relacións institucionais (“Non conseguiu nin unha soa cousa”), perda de subvencións, ou falta de atención de Axuda no Fogar “por non pedir máis horas á Xunta”.

«Non quixo gobernar co PSOE»

Sobre a celeridade en presentar a moción de censura dixo que contactara él mesmo co PP:”Chameille a véspera e díxenlle que se Barbeira non cumpría tiñan dous votos para a moción de censura. A palabra é sagrada”.

Indicou que o alcalde non quixo gobernar nin falar co PSOE, sendo asesorado por dous exalcaldes do PP, Antonio Landeira e Pepe Toja, e que tamén contou “co apoio dos construtores que trafican con obras”.

E que agora tiveron que dar “un paso complicado” pero necesario. José Antonio Ucha Velo confirma que se presentará ás vindeiras eleccións municipais de 2023.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos