Publicamos a seguinte nota de prensa remitida desde o concello de Santa Comba.
O Alcalde David Barbeira no día de hoxe, asinou xunto co deputado delegado da Deputación Provincial da Coruña José Ramón Rioboo Castro, o convenio de colaboración entre a Excma Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Santa Comba para a cesión ao Concello de “1 Biotrituradora-Astilladora” e “1 Desbrozadora de Martelos” adquirida pola Deputación para a xestión forestal conxunta do proxecto europeo Gefrecon enmarcado no programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portual (POCTEP), cofinanciado polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional da Unión Europea- Feder.
David Barbeira agradece á Deputación Provincial da Coruña a colaboración prestada e o trato recibido.