O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo estas declaracións ante as preguntas dos xornalistas sobre o apoio do dous concelleiros socialistas a unha moción de censura xunto co PP.
«O PSOE defende gobernos de progreso e non respalda que existan gobernos do Partido Popular, porque a dereita está nunha actitude desleal, en xeral, no conxunto de España. E creemos que o noso compromiso é co progreso» declarou Caballero informando que esta asunto estaba nas secretarías de organización tanto provincial como autonómica.
Este luns falará en Radio Xallas o portavoz do PSOE en Santa Comba, José Antonio Ucha Velo