O portavoz do Partido Socialista de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, participará o vindeiro luns 7 de xuño no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. Serás a partir das 11,15 da mañá.
Despois da intervención do alcalde David Barbeira, que foi moi crítico cos impulsores da moción de censura, chega a intervención dun dos promotores desa iniciativa e ata fai pouco socio de goberno de Barbeira.
A moción de censura en Santa Comba debaterase o vindeiro martes 15 de xuño ás 12,00 no salón de plenos da Casa do Concello, a porta pechada e sen público.A entrevista a Ucha poderá escoitarse no 107.5 Fm e desde a web do concello www.santacomba.es. Tamén na APP Radio Garden e desde a portada desta web . Desde aquí